“O confiamento descendeu a actividade física e incrementou o consumo de alimentos calóricos”

Comer alimentos pouco adecuados e a falta de actividade física durante a corentena tivo consecuencias no estado metabólico que van máis aló do estético: a obesidade é un factor de risco para a COVID-19, a súa prevalencia aumenta en persoas cun nivel socioeconómico máis baixo e afecta especialmente ao desenvolvemento infantil. Agora toca mitigar estes efectos colaterais da pandemia

España iniciou o estado de alarma pola pandemia de COVID-19 o pasado 14 de marzo. Unha das principais medidas para conter a gravidade desta enfermidade foi o confinamento da poboación, que ata hai menos dun mes só podía saír á rúa en contadas ocasións.

Esta anómala situación, necesaria para salvar a vida de varios millóns de persoas, prevese que terá numerosas consecuencias para a saúde de todos. Ademais dos seus efectos colaterias no benestar psicolóxico, os máis evidentes afectan ao noso estado metabólico.

Francisco Tinahones, presidente da Sociedad Española para el Estudio de la Obsesidade (SEEDO), explica como afectou este período ao noso peso. “Previsiblemente produciuse un incremento, tanto polo descenso de actividade física como polo incremento de alimentos máis enerxéticos. Os datos de consumo indican que os productos máis vendidos durante o confinamento son bastante insanos, como snacks ou bebidos alcohólicas”.

Segundo unha enquisa realizada por SEEDO, máis do 50% dos participantes afirmou que gañara peso. Entre eles, un 45,8% engadiu entre 1 e 3 quilos, e un 16% pesará ata 5 quilos máis que ao comezo do peche. “De aí que sexa predecible que isto ocorrese en toda a poboación durante este confinamento, que se produciu un incremento de peso”, engade.

Para a sociedade española -que xa contaba cunha taxa de máis do 60% de sobrepeso e obesidade- é un duro golpe. “Case un de cada catro espoñois é obeso, así que un incremento no peso é sempre unha mala nova. Agora que tanto falamos de pandemias, a obesidade é quizais a máis importante á que se enfronta o mundo no século XXI.”

De feito, prácticamente todos os países enriquecidos e os países en vías de desenvolvemento posúen cifras de obesidade alarmantes e que aumentan cada ano. “Se a isto lle engadimos o confinamento durante máis de dous meses, este problema iría a máis”.

Quilos de máis peor prognóstico en coronavirus

O peso excesivo é responsable directa ou indirectamente de moitas das patoloxías máis prevalentes e mortais, como a diabetes tipo 2, que ten un 14% da poboación española (e estímase que o número de persoas con esta enfermidade incrementará no mundo ata un 51% nos vindeiros anos).

Un novo estudo publicado na revista Nutrients analiza os riscos para a saúde que conleva unha redución drástica da actividade física como consecuencia do actual período de confinamento e as modificacións súbitas da dieta no organismo.

Os resultados sosteñen que o confinamento agravou o risco de padecer diabetes, hipertensión e enfermedades cardiovasculares, que son á súa vez factores de risco para a severidade da COVID-19.

“Sabemos que a obesidade é un factor de mal prognóstico para as enfermidades do tracto respiratorio, e polos estudos que se van realizando, tamén para o coronavirus”, afirma Tinahones. “Cun peso saudable hai garantías de ter menos complicacións. Os suxeitos con obesidade teñen máis necesidade de ventilación mecánica e de pasar por unha UCI, e iso tamén modula o risco de morte”.

“Se isto serve de estímulo para que na desescalada se reduzan eses dous ou tres quilos gañados, pillaríanos mellor preparados se houbera un posible rebrote”, insiste. “Volvendo a un estilo de vida activo e cunha pequena restricción calórica- dunhas 400 calorías-, prácticamente en mes e medio pódese perder perso”.

Os máis pequenos, máis vulnerables

Os nenos non se libran deste aumento de peso no confinamento. Tal e como revela a enquisa de SEEDO, poderían engordar un 5% de media. “Isto súmase a unha alta taxa de obesidade infantil en España, mesmo algo superior á media. É algo que non ocurrira ata agora. Fai 30 anos, o excesivo peso en nenos era algo testemuñal”, afirma o seu presidente.

Os expertos consideran os máis pequenos como un dos sectores diana para este incremento do peso durante o confinamento. “Cesou de forma radical a actividade física que tiñan programada durante estes meses”, subliña Tinahones. “Ademais, é probable que o día a día dos nenos estivera máis orientado ás pantallas que a calquera tipo de actividade física na casa”.

O problema é que a maior parte do exercicio que realizan os nenos ten relación con xogos grupais, e iso todavía non se recuperou. Desgraciadamente, non parece que vaia a cambiar tan fácilmente”, apunta.

Ademais, co aburrimento e a falta de rutina hai máis tendencia ao picoteo. “De feito, varios estudos que revisaban o peso dos nenos durante catro anos xa observaron que é no período vacacional cando se produce o incremento. Durante o curso máis ou menos manteñen o seu peso, pero nestes meses de verán prodúcese un maior aumento. E ao ano seguinte vólvese a repetir o mesmo patrón.”

Crise económica e obesidade

Hai unha serie de factores que inflúen na ganancia ponderal de peso e en que haxa máis risco de obesidade, e o estatus é un deles. “Nos espazos cun nivel socieconómico máis baixo, a prevalencia de obesidade increméntase”, conta Tinahones. “Moitas veces a comida insana é máis barata, e moitas familias están abocadas a este tipo de productos se non teñen recursos económicos”.

“Durante o confinamento subiron moitísimo os prezos dos alimentos saudables, como froita e algún tipo de verdura. Isto debería regularse dalgunha forma para que todos eses productos foran alcanzables para toda a poboación”, suxire.

Pero non todo é cuestión de diñeiro. “Moitas veces nestes niveis socioeconómicos tamén falta unha certa formación sobre alimentación sana. Un pode construír un menú saudable sen ser máis caro, pero resulta máis complexo. É máis fácil recorrer a alimentos procesados baratísimos que imaxinarse con produtos de tempada un menú saudable”.

E como influirá a inminente crise económica na obesidade da poboación? “Esperemos que se tomen medidas para evitar que haxa sectores moi desfavorecidos. Nalgúns estados prímase menos impositivamente os alimentos saudables. Isto podería ser unha estratexia”, recalca.

“Agora mesmo a clave é garantir que non haxa poboacións excluídas para que non se repitan cousas como as que vimos cos nenos vulnerables en Madrid”, advirte Tinahones. “É moito máis factible e barato dar ‘pizza’ que ter unha cociña preparada para facer platos sanos. Pero é fundamental evitar que isto ocorra”, conclúe.

Fonte: Axencia SINC

Imaxe: Pixabay

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará