O campus Xuvenciencia acolle a científica Joana Magalhães para a apertura das súas xornadas
A ciencia componse de moitas fases, desde o plantexamento dunha hipótese ata o momento no que se difunden os resultados obtidos da investigación. Durante ese proceso pasa pola man de moitas científicas, pero segundo a divulgadora Joana Magalhães tamén debería pasar por unha parte fundamental da sociedade: a cidadanía.

Na súa charla inaugural o pasado luns, a científica Joana Magalhães defendeu a importancia de facer á sociedade partícipe do desenvolvemento científico para concienciar da súa importancia. Para iso tróuxonos exemplos de todo o mundo: dende a aplicación para móbiles Plat-Tes que permite ós usuarios informar de que plantas hai nunha zona en concreto para alertar ás persoas alérxicas, ata o Hackatlon Virtual que deu solución a algunhas das problemáticas sociais da crise da Covid-19 durante o confinamento. Tamén a importancia da multidisciplinaridade para resolver problemas científicos e da interfase entre a arte e a ciencia. Falounos de museos moi pioneiros como a Science Gallery de Londres e Dublín nos que podemos ver como a ciencia e a arte conviven e mesmo se complementan.
Se algo nos quixo transmitir Joana Magalhães foi o poder que ten a xuventude para implicarse e ser quen de codeseñar o futuro sendo partícipes do desenvolvemento científico.
Carmela Cela
Podedes ver completo o relatorio na canle de YouTube do Campus Terra.