Moitas cousas facemos nas visitas e obradoiros de tarde
Xusto despois do xantar no comedor da facultade de Veterinaria, logo dunha mañá entregada aos proxectos, nos 16 grupos que temos conformados, a xente xuvencientífica emprendemos unha serie de actividades de sobremesa que inclúen unha XuvenFeira para coñecer algunhas das investigacións punteiras do Campus de Lugo da USC ou a visita ao hospital Rof Codina e á aula de Habilidades Clínicas veterinarias. Mergullámonos tamén nas artes escénicas e temos a oportunidade de asistir a un obradoiro de enfermaría, ademais de coñecer tesouros do patrimonio da cidade de Lugo ou empresas como Finsa, Larsa ou Xenética Fontao.