Ein Sommer in… XuvenCiencia

A rapazada que asiste ao Campus de Verán XuvenCiencia ten a oportunidade de coñecer non só as facultades e os centros de investigación do Campus de Lugo da USC, senón tamén empresas tecnolóxicas e/ou agrogandeiras punteiras e igualmente a propia cidade de Lugo, cos seus Patrimonios da Humanidade. Que non sabedes cales son os tres patrimonios da Humanidade recoñecidos pola Unesco en Lugo? Pois apuntade: a muralla romana, o Camiño Primitivo a Santiago e a catedral de Lugo. Así mesmo, o alumnado do campamento puido coñecer as instalacións de Larsa, descubrir os robots que coidarán de nós no futuro e proxectos punteiros do Campus Terra, como o simulador de ondas. Unha oferta tan diversa que vai de experimentar coa Aula de Teatro da USC a pacticar suturas na aula de habilidades clínicas veterinarias e visitar os animaliños ingresados no Hospital Universitario Rof Codina.

« de 3 »

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *